Xosé Ramón Barreiro será o presidente da Real Academia Galega do Centenario

Centenario Barreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O centenario da Real Academia Galega celebrarase o ano que vén baixo un novo mandato de Xosé Ramón Barreiro. O ata agora presidente conseguiu unanimidade, tirando un voto en branco, na votación do plenario da RAG o pasado sábado. Entre os proxectos inmediatos que encara a institución de cara aos vindeiros catro anos está a finalización da Gramática Galega, prevista para ano 2006 e a publicación de varios dicionarios específicos. Barreiro anunciou tamén que con ocasión do centenario desta institución están previstos actos en diferentes cidades e vilas que, dun xeito ou outro, estiveron vencelladas coa academia neste século.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Real Academia Galega, Plenario, Galicia Hoxe...