A Real Academia pretende darlle unha maior utilidade social á súa actividade no seu centenario

Cen anos máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Real Academia Galega pretende reconducir a súa actividade e buscar unha maior utilidade social da institución no ano que celebran o seu centenario. Segundo o seu reelexido presidente, Xosé Ramón Barreiro, “hai que ser máis autocríticos e menos conmemorativos”. Por iso, esta entidade que se encarga de establecer a normativa do idioma e da celebración do Día das Letras Galegas, avanzou a súa intención de desenvolver proxectos a longo prazo, de presentar dous dicionarios e unha nova colección editorial. E para este camiño, o Goberno galego acáballe de prometer apoio económico estable.

Máis información sobre o centenario da RAG no seu web, enLa Voz de Galicia,El Correo Gallego, La Opinión, Xornal.com e en hemeroteca

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Día das Letras Galegas, El Correo Gallego, La Opinión...