O Concello da Coruña celebrará o Día das Letras e comprométese co emprego do galego

Capitulación herculina

20/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O encontro que mantivo onte o alcalde da Coruña, Javier Losada, co presidente da Real Academia, Xosé Ramón Barreiro, serviu para que o primeiro anunciara a intención do concello de celebrar, por primeira vez en anos, o Día das Letras. Os actos centraranse no dezaseis de maio na Fundación Seaone, onde se presentará un facsímile deste autor, e se celebrará unha lectura de poemas e mais un concerto. No mesmo encontro, Losada comprometeuse con Barreiro a traballar para que o galego se empregue na cidade "sen enfrontamento, con normalidade e co apoio das institucións".

Máis información en La Opinión, en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Xosé Ramón Barreiro, Lectura, Poemas...