Un estudo sobre “O porco de Pé” gaña o Ramón Piñeiro de ensaio breve

Un Piñeiro sobre o Risco

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A coruñesa Alba Martínez Teixeiro (A Coruña, 1982) resultou gañadora do IV Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve pola obra “A pretensa nostalxia da autoridade” na que fai unha interpretación sobre a obra de Vicente Risco “O porco de Pé”. Alba Martínez, é licenciada en Filoloxía Portuguesa pola USC e estuda actualmente terceiro ciclo na Coruña. O xurado, presidido por Ramón Máiz, destacou a rigorosidade do traballo que conseguiu os 3000 euros do premio ao que se engade a publicación da obra na Colección Cadernos Ramón Piñeiro.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Ensaio, A Coruña, Vicente Risco...