A Xunta, Galaxia e Unión Fenosa unifican os premios de ensaio Ramón Piñeiro

Entre dous piñeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Xunta, a través do Centro Ramón Piñeiro, convocaba o premio de ensaio breve de investigación en humanidades que levaba o nome deste galeguista. Doutra banda, Galaxia e a Unión Fenosa outorgaban o seu, co mesmo nome e xénero, dotado con 6.000 euros e a publicación da obra. Agora, as tres entidades reunificaron os seus certames nun único premio de ensaio Ramón Piñeiro. A contía do premio será de 6.000 euros mais a edición. O prazo para presentar traballos remata o 1 de decembro.

Máis información sobre a convocatoria conxunta en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca sobre o premio que concedía Galaxia e no web da Xunta sobre o último premio Ramón Piñeiro de ensaio breve

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Ensaio, Fenosa, Xénero...