A influenza da paisaxe e da súa descrición literaria, pictórica e topográfica na construción dun imaxinario de nación é o eixo da obra coa que MarÃa López Sández gañou o Premio ramón Piñeiro de Ensaio que organizan conxuntamente a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa. López Sández é doutora en TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. O ensaio “Paisaxe e nación: A creación discursiva do territorio”, premiado nesta sétima edición do premio dotado con 6.000 euros, será publicado por Editorial Galaxia o próximo ano. O xurado, que concedeu o premio por maiorÃa, estivo formado por LuÃs Alonso Girgado, Alexandre GarcÃa-Caballero, Manuel González González, Dolores Vilavedra Fernández e Carlos Lema, e salientou a calidade dos oito orixinais presentados, asà como a variedade de temas abordados neles.
Máis información en Vieiros