A finais do pasado ano, MarÃa López Sández facÃase co último premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra “Paisaxe e nación: A creación discursiva do territorio”. Baixo este curioso tÃtulo, amósase unha análise do xeito en que se foi construÃndo a noción estéticas que compartimos encol do noso territorio. Unha visión fondamente asentada que cumpriu un importante papel na formación da identidade galega.
Vaia por diante, antes que nada, que a paisaxe non é algo natural (e non nos referimos só ás accións humanas que o modifican). Ao contrario, as definicións deste concepto inciden en que é o ollar da sociedade quen o define en cada intre histórico. Desta maneira, ante uns mesmos complexos máis ou menos naturais (sexan mar, montañas, prados ou bosques), apréciase de distinto xeito cada elemento, ignóranse outros e desagradan os de alén segundo a época. Indo para alén, as distintas visións do territorio, non son para nada neutrais. “A paisaxe é unha construción, e ademais está ideoloxicamente cargada. Iso queda moi ben exemplificado na cartografÃa, que nos semella moi intuitiva pero que na realidade está baseada en convencións arbitrarias, coma a propia colocación do Norte ou do Sur”, explica López Sández. “Iso non é ideoloxicamente neutro, e a miúdo empregouse para potenciar o eurocentrismo”, lembra.
O caso galego
Os valores que se lle apoñen á paisaxe desenvolveron logo un papel ideolóxico e no noso paÃs serviron, segundo esta autora, para o desenvolvemento do nacionalismo. “Na construción do nacionalismo houbo unha serie de condicións simbólicas, entre as que está a paisaxe”, explica esta autora a tese da súa obra. “O século XIX é un momento de emerxencia tanto para o fenómeno nacionalista como para a propia creación cultural do concepto da paisaxe. Isto fixo que se influÃsen mutuamente: a paisaxe converteuse nunha construción simbólica do nacionalismo e este movemento determinou o xeito en que se creou a paisaxe”, sinala. Esta relación non é como se poderÃa agardar, exclusiva de Galicia. “Trátase dun fenómeno xeral nos nacionalismos coetáneos co galego por mor da coincidencia temporal dos fenómenos”, explica Sandes. No entanto, si existen particularidades na relación que no paÃs se deu entre estes elementos. “Certas peculiaridades de Galicia, coma a maior ruralidade e o menor desenvolvemento industrial, levaron a que esa tendencia xeral se vise aÃnda máis potenciada. Cando RosalÃa argumenta ao comezo dos “Cantares Gallegos” unha defensa da dignificación galega acode á paisaxe, tamén porque ao mellor non tiña outras referencias de ancoraxe”, resume.
A paisaxe nas letras
Para analizar este proceso de construción, López Sández recorreu á análise da paisaxe en diferentes textos literarios, coma o xa citado “Cantares Gallegos”, que a autora considera fundacional neste sentido. “A actividade representativa do territorio, particularmente a descrición literaria, contribuÃron a crear unha imaxe que se desenvolveu en paralelo ao sentimento nacional”. Como exemplo da asociación de valores á paisaxe, a gañadora do Ramón Piñeiro destaca a comparación literaria da paisaxe co corpo dunha muller. “A metáfora antropomórfica é algo moi xeral pero aquà empregouse moi particularmente. A idea da terra nai posúe a carga simbólica de sometemento e de pasividade canda a outras”, resume. Malia a que esta identificación feminina da paisaxe galega é xeral desde os escritos de RosalÃa, non foi en absoluto a única proposta de interpretación e construción dese imaxinario. Por exemplo, nos textos de Pondal atopamos unha paisaxe na que se destacan valores máis asociados tradicionalmente ao masculino. “Penso que o intento que fixo Pondal por construÃr unha paisaxe desde outro patrón de xénero, máis dura ou máis esgrevia, respondÃa, antes que á misoxinia, a unha intención ideolóxica de desvencellala deses valores asociados ao feminino”, explica López Sández.
O elementos da nosa paisaxe
A partir da súa análise da paisaxe nos nosos autores, MarÃa López salienta como algúns elementos acabaron impóndose a outros no noso imaxinario. “Galicia é territorialmente moi rica”, explica, “pero no estereotipo global, aÃnda que hai unha presenza constante do mar, o que se impuxo foi a paisaxe do interior: O verde, o monte e máis concretamente o bosque caducifolio ligado a campo e á ruralidade”, lembra. A maiores, pódense ver en moitos textos auténticas defensas a prol da conservación da nosa paisaxe tradicional. “Autores coma RosalÃa ou Otero xa denunciaban a tala de carballos ou defendÃan as nosas especies autóctonas”, lembra. A maiores, houbo quen lle buscou as implicacións metafÃsicas ao noso contorno. “Escritores da xeración de Galaxia, coma Rof Carballo, dicÃan que a saudade era propia dos pobos verdes, onde a xeoloxÃa está oculta pola vexetación e a man do home mantense contida, sen se impor á natureza máis espontánea”, resume. Dentro das súas análises literarias, salienta o caso de Méndez FerrÃn, “coma un exemplo de alguén que mantén a pervivencia deste imaxinario territorial dun xeito que non é en absoluto inxenuo”.
O éxito paisaxÃstico
A efectividade deste discurso está fóra de toda dúbida, e é que en boa medida todos coincidimos cos elementos xa mentados ao pensar nunha arquetÃpica paisaxe galega. Segundo explica a autora, “produciuse un asentamento forte deste discurso, que chega a ser un estereotipo asentado. A propia condición da paisaxe como algo construÃdo chega a se nos facer oculta e a parecernos natureza o que é en realidade cultura”, lembra. Esa visión ”invadiu totalmente mesmo a cultura popular, e no ámbito territorial podemos ver como a imaxinerÃa turÃstica que emprega de xeito extenso eses elementos”, conclúe. Malia a esa aceptación, desenvolvéronse, como non, reticencias a un discurso tan hexemónico. “Hoxe en dÃa, sobre todo en certa área de pensamento postmoderno, prodúcese un rexeitamento do concepto de estereotipo, e achégase unha carga negativa contra as concepcións identitarias”.
Distintas funcións para unha ollada
Na realidade, malia a que a hoxe en dÃa as visións tradicionais do noso territorio teñen para moitos un resaibo de conservadorismo, a aposta pola construción da nosa paisaxe que abordaron estes e outros escritores tivo no seu momento unha función ben máis anovadora. “Desde hoxe resulta difÃcil ver ata que punto esta proposta foi rupturista. Se ollamos os sonetos de Góngora sobre Galicia vemos que se percibÃa coma algo feo e sucio. Entón esa reivindicación da beleza, aÃnda que agora nos poida parecer tópica, no momento era contradiscursiva e novidosa”, lembra a gañadora do Ramón Piñeiro. Claro que, desde aquela, este discurso sobre o noso contorno ten mudado a súa función, ese mesmo discurso chegou a estar a asociado a posicións efectivamente afastadas das que o orixinaron. “Non podemos esquecer que ao mellor nalgún momento esta mesma construción estivo apoiada polo discurso dominante. O imaxinario social non é un discurso racional e acolle moi ben a contradición. O sometemento da muller, por exemplo, era compatible cun discurso de moita louvanza. E do mesmo xeito, a construción sobre a beleza da paisaxe galega deuse á par que unha actitude totalmente autodestrutiva, como se pode ver cos eucaliptos que modificaron totalmente boa parte do territorio, ou o feÃsmo urbanÃstico”, conclúe.
O último movemento
Na actualidade estamos a ver como se están a activar, doutra volta, os valores revulsivos da nosa paisaxe, con movementos sociais contra o feÃsmo ou a prol da conservación dos nosos montes e costas. “Penso que estes movementos amósannos coma ese estereotipo, dito sen valor negativo, pode ter unha potencialidade ideolóxica interesante”, explica López Sández. “O feito de que se mova a conciencia colectiva cara a unha defensa do territorio e tamén dos seus valores estéticos é unha consecuencia positiva desta construción”. Unha nova volta entón, na nosa relación coa paisaxe. Quédanos ver ata que punto poden estes movevementos mudar na práctica a nosa relación co contorno e levarnos a novos ollares.