Galaxia celebra os 50 anos de A Esmorga cunha edición ilustrada por Diego Estebo

Inicia a colección Xohán Ledo, de homenaxe ao primeiro deseñador da editorial

28/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A esmorga é un clásico da literatura galega que Galaxia agora reedita nun novo formato ilustrado, ao cumprírense cincuenta anos da súa primeira edición en Galicia. A esmorga editárase por primeira vez no ano 1959 en Bos Aires, por mor dos problemas que puxeran as autoridades franquistas para a súa publicación. Em Galicia non o faría ata 1970. A nova edición conta coas ilustracións de Diego Estebo e abre a colección Xohán Ledo, "que quere lembrar e honrar o deseñador que marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia".

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esmorga, Xohán Ledo, Instagram, Literatura...