A Fundación Otero Pedrayo outorgará este ano o seu premio honorÃfico, o Premio Trasalba, a Carlos Mella Villar, (A Estrada, 1930). Asà se deu a coñecer este sábado no transcorrer da xornada Abril Oteriano, celebrada no Liceo de Ourense pola fundación. Mella, economista, polÃtico e escritor, é doutor en Dereito pola Universidade Complutense. Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia e deputado no Parlamento. Mella preside a Fundación Castealo e presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ademais de figurar como primeiro xerente do padroado da Fundación Torrente Ballester, entre outras moitas participacións na vida cultural galega desde fai décadas. A elección de Carlos Mella tomouse por unanimidade da comisión de goberno da Fundación Otero Pedrayo que a motivou, segundo afirma nun comunicado "en recoñecemento ao seu compromiso e traxectoria vital, na que destacan a entrega á causa da cultura galega", afirman. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 26 de xuño.