A xornalista Maribel Outeiriño é galardoada co premio Trasalba

Recoñece a vinculación do xornal La Región con "moitos dos escritores da xeración Nós"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Maribel Outeiriño

Maribel Outeiriño

A comisión de goberno da Fundación Ramón Otero Pedrayo fixo pública a concesión do premio Trasalba 2024 á xornalista Maribel Outeiriño, vinculada profesional e familiarmente ao xornal ourensán La Región. A Fundación Otero Pedrayo recoñeceu en Outeiriño a "relación directa con don Ramón", a través da recepción dos textos que o polígrafo entregaba ao xornal ou á reedición de moitas destas colaboracións en 2019 baixo o título Del Orense antiguo y otras colaboraciones: Ramón Otero Pedrayo en La Región (1958-1960). A Fundación Otero Pedrayo tamén quere recoñecer "a vinculación e o compromiso que o xornal ourensán tivo con moitos dos escritores da xeración Nós e con outros relevantes cultivadores das artes e das letras da época oteriana".

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Región, Trasalba, Xeración Nós, Escritores...