Quiosco: Trasalba número 1

A Fundación Otero Pedrayo inicia unha revista dixital

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Trasalba número 1

A Fundación Ramón Otero Pedrayo fixo público o primeiro número da revista electrónica Trasalba. A revista acolle diferentes estudos oterianos, tanto de hemeroteca, rescatando textos de Méndez Ferrín sobre o Ourense de Otero Pedrayo ou unha compilación de reseñas críticas das novelas do polígrafo ourensán en 1934, ata artigos académicos novos. Entre os varios artigos, Pegerto Saavedra fala sobre a obra historiográfica de Otero, Xosé Manuel Salgado a súa narrativa e Ramón Villares sobre o Otero historiador ata a guerra civil. A revista é de libre descarga no web da Fundación.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ramón Villares, Pegerto Saavedra, Ramón Otero Pedrayo...