Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Está xa na rede a segunda entrega de Cómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego, correspondente ao ano 2017. Otero Pedrayo. Personalidade e paisaxe é o lema da nova entrega desta publicación da Universidade de Vigo, en cuxas páxinas se recuperan varios textos publicados no no libro colectivo Homaxe a Ramón Otero Pedrayo publicado con ocasión da xubilación do intelectual. A colaboración da Editorial Galaxia e da Fundación Otero Pedrayo permitiron publicar textos de Xesús Ferro Couselo, Xosé Luís Franco Grande, Domingo García-Sabell, Ramón Piñeiro e Rof Carballo arredor de distintos aspectos do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Xosé Luís Franco Grande, Domingo García-Sabell, Ramón Otero Pedrayo...