Quiosco: Trasalba número 2

A Fundación Otero Pedrayo publica o segundo número da súa revista oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoLiteratura
Compartir:
Cuberta de Trasalba número 2

Cuberta de Trasalba número 2

A revista Trasalba, a publicación oficial da Fundación Ramón Otero Pedrayo, publicou o segundo número da súa revista,  dedicado desta volta ao quincuaxésimo aniversario do pasamento de Josefina Bustamante, a parella de Ramón Otero Pedrayo e presenza inseparable do autor ao longo da súa dilatada vida. Deste xeito, recupéranse materiais fotográficos da man de Xosé Antonio López Silva, textos como a homilía das festas das vodas da ouro do matrimonio ou un artigo de Maribel Outeiriño sobre a parella. Entre os artigos académicos deste número, Patricia Arias Chachero percorre a abraiante vida de Manuel Pedrayo Valencia, tío avó de Otero Pedrayo, catedrático de Xeografía e Historia que quedou incapacitado por problemas mentais, ingresado no sanatorio de Conxo, onde impartía conferencias eruditas pensando que estaba cos seus alumnos. Borja Blanco Babarro e Andrea Estévez achéganse ás dedicatorias dos libros remitidos a Ramón Otero Pedrayo e Andrea Mosteiro estuda a relación epistolar de Anisia Miranda e o autor. 

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Otero Pedrayo, Trasalba, Anisia Miranda, Antonio López...