Alfonso Sobrado leva o premio Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez homenaxeou domingo este xornalista

8/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A súa "contribución á galeguidade" valeulle ao xornalista ourensán Alfonso Sobrado Palomares levar o premio Casa dos Poetas. A Fundación Curros Enríquez entregoulle este domingo o galardón en Celanova, nun acto no que o presidente do PEN Clube Galicia, Luís González Tosar, aproveitou para reclamar que se declare esta localidade "vila do libro e da lectura" de Galicia. Sobrado é na actualidade director da Casa de Galicia en Madrid e desenvolveu unha ampla carreira no campo do xornalismo.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Curros Enríquez, Luís González Tosar, Lectura, Xornalismo...