Levaban cincuenta anos en activo recaudando fondos sobre "Curros EnrÃquez" e este domingo disolveránse para darlle novos aires ó seu labor. O padroado "Curros EnrÃquez" veu cumprido o seu labor coa reforma da casa do poeta de Celanova que acometeu a Xunta de Galicia o ano pasado. E consideran que esta etapa queda pechada e que son horas de abrir outra. E esta nova era, que ten como obxectivo constituÃrse en fundación, con novos proxectos terá lugar este domingo en Celanova.
A fin dunha era
Durante medio século, os membros do Padroado "Curros EnrÃquez" estiveron embarcados nunha dura labor de recuperación do leigado e da casa do poeta que leva o nome do padroado. O ano pasado, a Xunta de Galicia cimplÃu a súa promesa e rehabilitou completamente a casa de Curros EnrÃquez, tras un investimento de 902.000 euros (aproximadamente 150 millóns de pesetas). Un edificio que conservou na súa rehabilitación e que conservou o máximo posible a estructura e todas as dependencias (incluÃda a horta que veron crecer a Curros). Con este labor, o Padroado deu por finalizada unha etapa, xa que era un dos cometidos fundamentais que levou a principios dos anos cincuenta a reestablecer este traballo. Agora a nova época pretende centrar os seus esforzos en conseguir a apertura do edificio ó público e poder divulgar todos os seus fondos.
E o inicio doutra
Este domingo coa disolución do patronato e a consolidación como Fundación, darase cabida a todas as institucións e organismos públicos que estean interesados en participar na apertura do edificio. En principio, o seu cometido é o de abrir as instalacións para que xente poida ter acceso a todo o leigado que está recompilado sobre a vida e a obra do poeta e no que estiveron traballando durante cinco décadas.
Polo demais, a futura fundación decidirá este domingo o nome coa que se vai a designar, aÃnda que terá relación co ilustre poeta, do que se acaba de celebrar o sequiscentenario do seu pasamento, botando luz de todos os acontecementos destacados.
A Fundación que se xeste este domingo seguirá adiante co premio "Celanova,casa dos poetas" qeu se fará público o vindeiro 7 de marzo, que coincide co falecemento de Curros Enriquez, para entregalo o vindeiro 31 de agosto, data do seu pasamento. O galardón está dotado cunha medalla de prata que por un lado reproduce a cara de Curros e polo outro cinco "C" que simbolizan a letra pola que comeza o premio (casa, Curros, Celanova, Castro Elices e Celso Emilio Ferreiro), ademais de unha placa de prata.