O actor Luís Tosar faise co premio Celanova, Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez recoñeceu a traxectoria de quen considera "abandeirado do cine galego"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Padroado da Fundación Curros Enríquez outorgoulle ao actor Luís Tosar o XXVIII premio Celanova, Casa dos Poetas. Na súa elección, o padroado valorou a longa traxectoria do intérprete, a quen calificou como "abandeirado do cine galego", ao tempo que apuntou "a súa profunda galeguidade e o seu compromiso social e humano con Galicia". a entrega do galardón realizarase o vidneiro 2 de setembro nun actop úblico en Celanova.

Canda ao galardón, o padroado anunciou que en breve comezará a emitir a través do web da Fundación os actos que se celebren na súa sed. Ademais, sinalaron que a entidade está a traballar, canda a Fundación Rosalía e a Fundación Pondal, no proxecto Itinerario do Rexurdimento, para dar o coñecer o traballo destes autores. De cara o vindeiro mes de xullo Celanova acollerá, da man desta entidade, a acstividade Poemas na rúa.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Luís Tosar, Cine, Fundación Curros Enríquez...