Isabel Blanco galardoada co XXXVº Premio Celanova Casa dos Poetas

O xurado valorou o compromiso vital da intérprete con Galicia na súa carreira

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeAudiovisual
Compartir:
Isabel Blanco

Isabel Blanco

A actriz, directora de televisión e presentadora Isabel Blanco ven de ser recoñecida co premio Celanova, Casa dos Poetas. O xurado da XXXVª edición deste galardón honorífico acordou onte concedelo este ano a Blanco "polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado". O xurado do premio concedido pola Fundación Curros Enríquez valora tamén "a súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais". O Padroado da Fundación Curros Enríquez reuniuse coa presenza de representantes do Concello de Celanova, do Consello da Cultura Galega, da Deputación Provincial de Ourense e outros patróns a título individual, co fin de aprobar as contas e actividades de 2018 e planificar as actuacións para 2019.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Fundación Curros Enríquez, Cine, Deputación Provincial...