Comezan as homenaxes a Curros Enríquez no centenario da súa morte

Días de homenaxes

5/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O vindeiro venres, sete de marzo, comezan no coruñés cemiterio de San Amaro os actos de conmemoración polos cen anos da morte de Curros Enríquez. Unha ofrenda floral, discursos e recitais poéticos compoñen un programa que se trasladará tamén a Pazos de Borbén nese mesmo día e mais a Celanova sábado. Os actos contan coa colaboración da Real Academia galega, a Fundación Curros e a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, entre outros colectivos. En Ferrol, pola súa banda, o Real Coro Toxos e Froles lembrou a penalista Concepción Arenal cunha conferencia, unha ofrenda floral e a inauguración dun busto.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Concepción Arenal, Real Academia Galega, Xunta de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares