Vigo homenaxeará a Celso Emilio Ferreiro no seu vixésimo quinto cabodano

Homenaxe a Celso Emilio

A corporación viguesa acordou programar diversos actos con motivo do 25 aniversario do pasamento do poeta Celso Emilio Ferreiro, que finou en Vigo no día 31 de agosto do ano 1979. As accións que se levarán a cabo consistirán en colocar o mesmo día do cabodano unha coroa de loureiro no busto de Celso Emilio, nos xardíns que levan o nome do poeta. Tamén promoveranse concertas, con todos os colexios de Vigo que queiran adherirse, para facer un programa de recitado das súas poesías e mais concursos de redacción sobre a obra de Celso Emilio. A homenaxe completarase coa colocación dun baixorrelevo na casa onde morou, no 28 da rúa Urzaiz, e a celebración no teatro García Barbón dun festival no que actuarán cantautores que teñan musicado poemas de Celso Emilio e máis persoas que participen no recitado das súas poesías.

Máis información no Xornal do Concello de Vigo