Comeza en Vigo o congreso de tres días dedicados a Celso Emilio Ferreiro

Coñecer máis a Celso Emilio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Hoxe comezan en Vigo as xornadas dedicadas ao escritor Celso Emilio Ferreiro e que reunirán até o domingo a estudosos, intelectuais e escritores que falarán e discutiran sobre a figura e a obra do autor. O congreso, organizado pola Consellaría de Cultura, forma parte dos actos conmemorativos do vintecinco cabodano do poeta. Xosé Luis Méndez Ferrín, Víctor F. Freixanes, Isaac Díaz pardo, Gonzalo Navaza, Miro Villar, ou Ramiro Fonte son algúns dos que participarán estes tres días nas xornadas que se celebran no edificio administrativo da Xunta.

Máis información no sitio web do Congreso Celso Emilio Ferreiro

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Vigo, Gonzalo Navaza, Ramiro Fonte...