Arrincan as xornadas de homenaxe a Celso Emilio mentres a TVG programa unha serie documental sobre o autor

Celso Emilio na pantalla

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
As intervencións de Xosé Luís Méndez Ferrín e de Víctor Freixanes marcaban onte o comezo das xornadas en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro que se celebran até este sábado en Vigo. Nas súas intervencións, os dous escritores reclamaron a necesidade de reivindicar a obra do poeta de Celanova coma exemplo de compromiso social cando se cumpren vinte e cinco anos da súa morte. Coincidindo con estes actos, a TVG programará a partir de hoxe unha serie de tres documentais sobre diferentes aspectos da vida deste autor.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Documental, Méndez Ferrín, Celso Emilio Ferreiro...