MÃchel Salgado, Fran, Alfonso Paz Andrade, VÃctor Freixanes, Isaac DÃaz Pardo e Manuel Bragado serán os encargados de ler os poemas mentres que Amancio Prada e Emilio Batallán porán a música coa que o Concello de Vigo celebra o 25 cabodano de Celso Emilio Ferreiro. A efeméride, que terá lugar o martes 31, inclúe a colocación dunha coroa de loureiro no busto que Celso Emilio (1914-1979) ten na cidade olÃvica. A homenaxe ten unha segunda parte que consiste na estrea dun documental sobre a vida e obra do poeta que se fixo aproveitando os arquivos de imaxe da TVG e de TVE.
Máis información en Galicia Hoxe