Venezuela homenaxea o vinte e cinco cabodano de Celso Emilio Ferreiro

Reconciliación en Caracas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Logo do fondo resentimento que se creara entre Celso Emilio Ferreiro e diáspora galega en Venezuela despois de que o poeta publicase en 1968 “Viaxe ao país dos ananos”, este colectivo quere acabar con aquel distanciamento. En concreto é a celebración do vinte e cinco cabodano do autor o que se celebra alén mar con conferencias, exposicións e representacións teatrais, actos que contarán cunha nutrida representación da comunidade galega naquel país. O pasado venres o conselleiro de emigración, Aurelio Miras Portugal, participaba na apertura dos actos canda o fillo do poeta.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Venezuela, Caracas, Diáspora...