O Consello da Cultura analizará a relación de Celso Emilio coa emigración

A xornada, o 24 de maio, encádrase nos actos do ano do poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xigantes ou ananos? Celso Emilio e o debate sobre a emigración galega é o título do encontro que se desenvolverá o vindeiro 24 de maio na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. A xornada, coordinada Xosé Manoel Núñez Seixas, analizará, en tres relatorios e unha mesa redonda, se o debate encol da emigración galega no que se involucrou Celso Emilio co seu Viaxe ao país dos ananos continúa a estar vixente, e en qué termos.

O encontro intégrase nos actos programados para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro. Tal e como adiantou o pasado venres a Consellaría de Cultura, canda a este encontro está previsto que o Pen Clube galego lle dedique ao autor a xornada do Día de Poesía, 21 de marzo. Tamén a Real Academia participará na efeméride coa celebración dun plenario extraordinario en Celanova, previsto para setembro. En abril, a Cidade da Cultura acollerá unha sesión do ciclo Ceo das Letras centrada no celanovés, e prevese a realización de dous eventos poético-musicais con textos do autor, entre outras iniciativas xa adiantadas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xigantes ou ananos?

Xigantes ou ananos?

O CCG recupera o debate sobre a emigración galega que espertara Celso Emilio Ferreiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Manoel Núñez Seixas, Consello da Cultura Galega, Celso Emilio Ferreiro, Plenario...