O Consello da Cultura acolle esta semana unha xornada sobre Celso Emilio Ferreiro

O encontro, centrado na emigración, celébrase o vindeiro xoves 24 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Imaxe do encontro Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega

Imaxe do encontro Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega

Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega é o título do encontro que acolle o vindeiro xoves, 24 de maio o Consello da Cultura Galega. A iniciativa ten como eixo a tortuosa relación do escritor de Celanova coa comunidade emigrante venezolá, á que lle dedicou a mordaz obra Viaxe ao país dos ananos. Entre outras cuestións analizarase a situación da diáspora galega nos tempos de Celso Emilio, a interpretación do escritor sobre a emigración ou a actualidade do debate que dá título ao encontro. O encontro comezará ás 10 da mañá e desenvolverase ao longo de todo o día.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xigantes ou ananos?

Xigantes ou ananos?

O CCG recupera o debate sobre a emigración galega que espertara Celso Emilio Ferreiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Diáspora, Consello da Cultura Galega, Celanova

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares