Xerais recupera medio cento de poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro

Birimbao. Poemas de mí para tí (1937-1939) chega ás librarías este mes de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xerais recupera medio cento de poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro

Un feixe de fotocopias conservado nas mans dunha amiga da familia, complementado cun importante traballo de traballo de pesquisa en arquivos e hemerotecas permitiulle a Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, recuperar medio cento de poemas inéditos do seu pai. Xerais publica agora esta selección co título Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), unha obra que amosa "como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou".

Xavier Ferreiro organizou o libro en tres partes, en tres partes "Poesía de parapeto", "Birimbao: poemas de mí para ti" e "Memorias de mis caminos", e complementa os poemas con documentos en prosa de Celso Emilio e sobre el, ademais de péndices documentais e fotográficos. Ademais, fai unha análise persoal sobre os poemas compilados. O libro chega as librarías neste mesmo mes de xaneiro.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Poesía, Guerra Civil, Celanova...