Luscofusco publica un novo libro de poemas inéditos de Celso Emilio

Reúne corenta escritos rescatados polo fillo do escritor como xa fixera en 'O Cabronario'

'Pido unha patria ao mundo' é o título baixo o que a editorial Luscofusco ven de publicar corenta poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro, recompilados de escritos dispersos e esquecidos polo seu fillo, Xabier Ferreiro. O volume inaugura a colección Moraima desta editorial. O libro ven engadirse á publicación de inéditos do poeta de Celanova escritos na súa etapa en Venezuela, como 'O Cabronario' , editado o pasado ano pola mesma editorial. Este 'Pido unha patria ao mundo' ten un marcado carácter reivindicativo e instrospectivo, onde o poeta clama por unha patria que non chega, unha procura que transcende o ámbito político para converterse unha reflexión existencial e literaria. A patria, presentada como un ideal inalcanzable, mestúrase cunha visión desencantada do mundo e cunha fonda necesidade de identidade e pertenza.