Ve a luz O cabronario, poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro

A obra supón o primeiro lanzamento do selo Luscofusco Edicións

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ve a luz O cabronario, poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro

O salón de actos do MARCO, en Vigo, acolle este 23 de febreiro a presentación de Cabronario. Este poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro, escrito en Venezuela entre 1950 e 1973, non chegou a se publicar en España pola súa crítica directa ao franquismo, á igrexa e aos Borbóns. A obra supón a estrea de Luscofusco Edicións, un selo editorial que fai parte do proxecto Mundo Detrás do Marco canda á Editorial Elvira e Fosfatina Ediciones.

O fillo de Celso Emilio, Xabier Ferreiro, foi o responsable de custodiar o orixinal e de impulsar esta publicación, para a que tamén elaborou un extenso limiar no que fai "unha extensa explicación do contexto no que nace este libro, así como de cada un dos poemas que o conforman", segundo explica a editora.

Canda a el participarán da presentación, prevista para ás 20 horas, o escritor Antonio García Teijeiro e mais o editor Xabier Romero.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Franquismo, Venezuela, Antonio García Teijeiro...