A editorial Fosfatina súmase ao panorama da BD galega

Presenta mañá en Cangas Griza Zono de Andrés Magán

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A editorial Fosfatina súmase ao panorama da BD galega

Nada en febreiro deste ano en Vigo, a Editorial Fosfatina súmase co seu primeiro lanzamento ao panorama da banda deseñada galega. O local Lolos, en Cangas, acolle mañá sábado ás 17:30 a presentación do seu primeiro lanzamento. Griza Zono é o título do traballo do vigués Andrés Magán, que debuta cunha publicación experimental de 48 páxinas en branco e negro. Os asistentes á presentación poderán facerse cun debuxo que o autor realizou ex profeso para este evento e que conta cunha tiraxe limitada de quince exemplares.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Debuxo, Banda deseñada, Vigo

Claves

Lugares