Fosfatina estrea colección con Extrasolar

Roberto Massó asina o novo lanzamento da editora viguesa de BD

16/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
23 lecturas | Compartido 0 veces

O cacereño Roberto Massó é o autor de Extrasolar, o último lanzamento da editora viguesa de banda deseñada Fosfatina. O volume, de dezaseis páxinas e tamaño A4, está impreso en dúas tintas en vermello e azul mediante risografía, o que dá un aspecto a medio camiño entre fotocopia e a serigrafía. Extrasolar é a primeira entrega da colección Fosfatina 2000, que pretende publicar cada dous meses BDs neste mesmo formato, e sae á rúa cunha tiraxe de só 150 exemplares.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Conceptos