Teresa Ferreiro e Roberta Vázquez protagonizan o novo lanzamento de Fosfatina

A editora de banda deseñada prepara tamén Luz verdadera de Ana Galvañ

11/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
25 lecturas | Compartido 0 veces

A editora viguesa de banda deseñada Fosfatina continúa o seu ritmo de novidades e presenta unha nova entrega da súa colección Split. Como é habitual, dúas historias de diferentes autores atópanse nun único volume. Nesta ocasión trátase de Yolo de Teresa Ferreiro e mais de Flor y nata de Roberta Vázquez. As historias amosan instantes na vida de dous grupos de amigos unidas por un personaxe chamado Sausage-man. "A colisión entre estes individuos agasállanos dúas hilarantes aventuras pragadas de festas, ligoteo mal, videoxogos e reflexións sobre a vida". Ademais a editora anuncia a inminente posta á venda do quinto número da súa colección Fosfatina 2000. Desta volta é Ana Galvañ quen asina Luz verdadera.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Conceptos