A editorial Fosfatina presenta dúas novas BDs

Demo Editorial prepara Destino Hërgüss e A deserción de Stalin

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A editorial Fosfatina presenta dúas novas BDs

O vindeiro venres 27, a libraría compostelá Kómic acolle a presentación de Perlas del infierno. Esta banda deseñada abstracta de Begoña García Alén é o terceiro lanzamento da editora viguesa Fosfatina, que continúa a súa traxectoria a prol da novena arte máis vangardista que se fai no país. Canda a este, a editora presentou recentemente o volume Infraluminosa/Laminada unha obra dupla na que Berto Fojo e Andrés Magán presentan as súas visións complementarias do universo de Villa Luminosa.

Pola súa banda, Demo Editorial anuncia para o vindeiro mes de marzo o lanzamento de Destino Hërgüss, a agardada novela gráfica que Manel Cráneo completou grazas a unha intensa campaña de crowdfunding. Canda a esta, o selo lanzará A deserción de Stalin, primeiro traballo de Tomás Guerrero, que nos trae un relato inusual sobre os espías da guerra fría.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Demo Editorial, Berto, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas