Figurandorecuerdo(s) publica en galego a BD A alquitara

A obra do francés Troubs continúa unha liña que comezou hai dous anos coa publiación de Muuh! No prado das vacas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Figurandorecuerdo(s) publica en galego a BD A alquitara

Logo de iniciarse hai dous anos na edición de banda deseñada coa publicación da obra Muuh! No prado das vacas, a editorial coruñesa Figurandorecuerdo(s) continúa a súa andaina na novena arte. De novo o autor francés Troubs protagoniza o último lanzamento da editora, A alquitara. A obra editada en galego parte da experiencia do propio autor a acompañar a un augardenteiro francés, achega un retrato do mundo rural galo con moitos paralelismos co noso propio país. A libraría Kómic acolle este 1 de xuño o acto de presentación da obra, coa editora Rosa Espiñeira Pan e do mestre e escritor Séchu Sende. A edición inclúe un epílogo a cargo de Carlos Calvo Varela.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Séchu Sende, Séchu Sende, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Conceptos