O autor máis recoñecido internacionalmente da BD galega, Miguelanxo Prado, ten novo traballo. O autor recupera os personaxes Carlos Sotillo e Olga Tabares do seu álbum Presas fáciles para unha nova historia. Presas fáciles. Voitres é o tÃtulo da obra que acaba de ver a luz no mercado francés da man da editora Rue de Sèvres e que conta con 80 páxinas a cor.
Neste segundo volume, os dous protagonistas investigan o suicidio dunha adolescente nunha trama que aborda os limites da intimidade e o abuso das redes sociais. Logo de publicar esta continuación, que segundo Prado non estaba prevista inicialmente, o primeiro volume desta serie reeditarase co tÃtulo Presas Fáciles. Hienas.
De xeito paralelo, Retranca Editora lanzou este 30 de xaneiro a tradución ao galego de Cando sopra o vento. Esta obra clásica de Raymond Briggs narra cunha gran dose de humanidade a reacción de dous anciáns que se enfrontan a un desastre nuclear a seguir as instrucións proporcionadas polo goberno británico. A obra, de oitenta páxinas a cor, preséntase nunha coidada edición que reproduce a tipografÃa orixinal creada por Briggs ademáis dunha entrevista co autor e fotografÃas e ilustracións do mesmo.
Tamén Catroventos Editora continúa a súa aposta pola novena arte a traducir a última obra de Liv Strömquist. Na sala dos espellos propón unha reflexión sobre a obsesión coa imaxe e o aspecto fÃsico e o xeito no que esta está relacionada coas novas tecnoloxÃas. A editora xa publicara anteriormente A froita do coñecemento da mesma autora.