El Patito Editorial publica o segundo volume de Vida de Madre

A editora anuncia a versión en galego de Cidade de cristal de Paul Auster

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
El Patito Editorial publica o segundo volume de Vida de Madre

Para o vindeiro 17 de setembro está previto que saia á venda a banda deseñada Vida de madre. La primavera. Gemma Sesar ao guión e Ramón Marcos aos lapis asinan a segunda entrega desta serie na que se contan as peripecias dunha familia actual con dous fillos e unha intensa vida profesional. El Patito Editorial edita o volume, que contará con 72 páxinas a toda cor e un prezo de venda de 18 euros. A editora anuncia tamén a vindeira publicación da versión en banda deseñada da novela Cidade de cristal de Paul Auster, unha adaptación que asinan Paul Karasik e David Mazzucchelli e que Xavier Queipo traduce ao galego.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Patito Editorial, Paul Auster, Banda deseñada, Ramón Marcos...