Paul Auster recollerá o Premio Juan de San Clemente un ano despois de obtelo

O que a segue.....

Ó final, os rapaces do Insituto Rosalía de Castro conseguiron o que querían. E o seu obxectivo era o de reunir ós tres gañadores do premio Arcebispo Juan de San Clemente do 2000 para entregarlles o seu galardón. Tivo que ser case un ano e medio despois de que na primavera do 99-2000 se coñecera o veredicto da sétima edición do concurso. Os premiados, Paul Auster, na modalidade de mellor novela en lingua estranxeira, Xelís de Toro, mellor novela en lingua galega, e Rivera Letelier, mellor novela en lingua española, veranse as caras en Compostela o vindeiro martes. Pero non son os únicos galardóns que se entregaron estes días, xa que os veciños de Paradela entregaron os seus VI premios literarios" Manuel Rodríguez López".

Premios con retraso


Os alumnos do insituto compostelán Rosalía de Castro cumplirán o vindeiro martes un dos seus cometidos. E é entregar os premios relativos á sétima edición (que corresponde ós anos 99-2000) que recaeron no norteamericano Paul Auster (mellor novela en lingua inglesa), no galego Xelís de Toro (mellor novela en lingua galega) e no chileno Rivera Letelier (mellor novela en lingua española). Un retraso de máis dun ano debido ós numerosos compromisos do escritor americano Auster, polo que os rapaces do Rosalía de Castro decidiron entregar.
A peculiaridade deste premio literario que se leva entregando desde 1994 está na composición dos xurados. Son compostos por rapaces que estudiar COU (agora segundo de Bacharelato) que se xuntan unha vez ó ano para decidir cales son as mellores novelas en galego, lingua estranxeira e español. O xurado está formado poralumnos do Rosalía e alumnos doutros catro institutos (cada un deles representa a unha provincia). Estes últimos non proceden do mesmo centro todos os anos, senón que cada ano forma parte un instituto electo ó chou.
A contía dos galardóns é de 500.000 pesetas (3.005 euros), polo que o seu valor é meramente simbólico, xa que o premio se lle concede a xente de renomeado prestixio dentro do panorama literario. Sen embargo, a singularidade do premio está en que todos os galardoados (entre os que se atopan premios nóbeles da talla de Saramago ou escritores como Vargas LLosa) non fallaron á cita. Os estudiantes decidiron que Paul Auster non sería unha excepción e agardaron a que o escritor puidese facer un oco para achegarse a Compostela.
Forman parte da lista de galardoados do Juan de San Clemente nomes como Vargas Llosa, gañador da primeira edición; Jostein Gaarder, Antonio Tabucchi e Alessandro Baricco, a mellor novela en lingua estranxeira; Xelís de Toro, Suso de Toro, Xurxo Borrazás, Anibal C. Malvar, en lingua galega; e Ribera Letelier, Javier Marías, Jaime Bayly e Martín Gaite en lingua española.














Premios de Paradela



Paradela tivo onte dúas citas importantes coa cultura. A primeira delas foi para entregar os seus VI Premios literarios "Manuel Rodríguez López" e a segunda delas foi para inaugurar o centro sociocultural "Manuel Orestes-Rodríguez López" no que se realizou a entrega de premios.
Os galardoados nesta sexta edición foron Francisco Calo Lourido, de Pontevedra na modalidade de prosa (accesit para Pedro Urís); e para Manuel Terrín Benavides de Albacete, na modalidade de poesía (accesit para Baldomero Iglesias). O VI premio estaba dotado con 100.000 pesetas (601 euros) e con cadanseu diploma.