David Rubín e Emma Ríos continúan a súa proxección exterior

Obras dos galegos saen traducidas en Francia e Italia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
David Rubín e Emma Ríos continúan a súa proxección exterior

L'ascension d'Aurora West, o volume que David Rubín ilustrou con guión de Paul Pope, está para sair á venda en Francia. A editorial Dargaud, na súa colección Indies, publicará o vindeiro mes de xuño o volume, que xa se pode ler en Estados Unidos e en España. Ao tempo, a italiana Tunué anuncia para este mesmo mes a súa edición do Beowulf que o autor ourensán realizou sobre un guión de Santiago García. En paralelo, Emma Ríos anunciou que Glénat publicará en Francia, tamén para xuño Pretty Deadly. Un primeiro volume da serie que a arousá realizou sobre un guión de Kelly Sue DeKonnick sairá á venda o 9 de xuño con 144 páxinas.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Guión, Emma Ríos, David Rubín...

Claves

Protagonistas
Conceptos