Alex Cal e Emma Ríos continúan a súa carreira en Estados Unidos

Participan en volumes de G.I. Joe e na antoloxía Girl Comics entre outros proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Álex Cal para G.I. Joe Operation Hiss

Páxina de Álex Cal para G.I. Joe Operation Hiss

Once das páxinas do cómic book G.I.JOE Operation Hiss #1 levan a sinatura de Alex Cal. O debuxante vigués ilustra un guión de Brian Reed para a editora IDW nesta serie, que xa está á venda en Estados Unidos. O autor verá este mes tamén a edición en galego e castelán de Vento do Norte, que sairá nun só volume en cada idioma da man de El Patito Editorial. Pola súa banda, Head Space é o título da historia que debuxa Emma Ríos sobre un guión de Devin Grayson no volume colectivo Girl Comics #1, que sae á venda mañá mesmo en Estados Unidos da man de Marvel. Para abril está previsto o lanzamento de Irredeemable Special 1 no que a galega asina unha das tres historias do volume, con guión de Mark Waid. Máis perto de nós, José Domingo incorpórase á lista de autores de Los Reyes Elfos: Historias de Faerie que publicará Dólmen Editorial. Domingo realizará a historia de dez páxinas Una Guerra Olvidada con guión de Víctor Santos.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Estados Unidos, Emma Ríos, Cómic...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares