David Rubín publicará The rise of Aurora West en Estados Unidos

O Pretty Deadly de Emma Ríos sae á venda de Image o 23 deste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
David Rubín publicará The rise of Aurora West en Estados Unidos

Continúan os lanzamentos de autores galegos en Estados Unidos. O vindeiro 23 de outubro Image lanza o primeiro volume Pretty Deadly, de Emma Ríos con guión de Kelly Sue DeConnick. Serán 32 páxinas a toda cor que inician a nova serie da galega. De xeito paralelo, David Rubín acaba de anunciar que está a traballar na serie The rise of Aurora West. Sobre guión do recoñecido Paul Pope e de JT Petty, a obra constará de dous volumes dunhas 150 páxinas que sairán da man da editorial First Second. A publicación alternarase coa da serie Battling Boy da cal o novo traballo de Rubín é un spin-off.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Estados Unidos, Emma Ríos, Guión

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares