Emma Ríos aborda novos proxectos en Estados Unidos

A revista Island e o novo volume de Pretty Deadly son as principais novas

Continúa a carreira de Emma Ríos en Estados Unidos. Logo de chegar ás nominacións aos premios Eisner polo seu traballo, a galega anuncia novos proxectos este ano no seo da editora Image. Para alén do agardado segundo volume de Pretty Deadly, con guión de Deconnick, está previsto que este ano se publique a miniserie Mirros que guioniza na cabeceira 8House. Ademais, Ríos coordina, canda a Brandon Graham, Island, unha publicación mensual que sairá no selo Image e que pretende recoller traballos de diferentes autores. En total serán 72 páxinas nas que se busca ofrecer a máxima liberdade aos creadores. A galega participa na primeira entrega coa historia ID, na que corre co guión e co debuxo.