Emma Ríos encara o seu primeiro proxecto para Image

Pretty Deadly conta con guión de Kelly Sue DeConnick

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe promocional de Pretty Deadly

Imaxe promocional de Pretty Deadly

A debuxante galega Emma Ríos publicará o vindeiro ano o seu primeiro traballo na editora Image. Pretty Deadly será un western protagonizado por unha asasina con marcadas cicatrices na cara e conta con guión de Kelly Sue DeConnick, con quen Ríos xa colaborara noutros proxectos na editora Marvel. Antes desta obra, aínda pendente de concretar formato e extensión, verán a luz nesta firma novos traballos da debuxante cos personaxes de Dr. Strange, e da Capitá Marvel, da que Ríos debuxa os dous últimos números, tamén con guión de DeConnick.

Segundo adianta Ríos do seu novo traballo, Pretty Deadly é un proxecto de autor no que as dúas artistas gozarán de total liberdade creativa. Ademais, o modelo de contrato de Image permitiralles manter os dereitos de explotación sobre os personaxes da obra.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Emma Ríos

Claves

Protagonistas
Conceptos