Emma Ríos, David Rubín e Tirso Cons continúan cos seus proxectos internacionais de BD

Ven a luz novos arcos das series Pretty Deadly, Ether e Les Traqueurs

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do primeiro volume de The Rat

Capa do primeiro volume de The Rat

A coincidir coa vaga de lanzamentos de setembro no mercado estadounidense ven a luz a continuación de proxectos de autores galegos de banda deseñada neste país. Deste xeito, para hoxe, día 4, está previsto que chegue ás tendas deste país o primeiro número de The Rat, novo arco argumental da serie Pretty Deadly que debuxa a arousá Emma Ríos sobre guións de Kelly Sue DeConnick. A editorial Image anunciou xa o lanzamento de dúas novas entregas ata novembro e as autoras prevén desenvolver dous novos arcos ata o final da serie.

Pola súa banda, o ourensán David Rubín continúa a desenvolver o universo de Ether con guións de Matt Kindt. A primeira entrega Ether: The Disappearance of Violet Bell chegará ás librarías estadounidenses o vindeiro 18 de setembro e continuará durante catro números máis.

E co final do mes de agosto viu a luz en Francia o terceiro e último volume de Les Traqueurs. O pontevedrés Tirso Cons asina o debuxo da serie con guións de David Muñoz. La dernière chasse, publicado por Glénat, completa a triloxía desta historia de piratas con elementos fantásticos.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Emma Ríos, David Rubín, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares