Os Premios Internacionais de Manga recoñecen o Pretty Deadly de Emma Ríos

A editorial Image publica o vindeiro mes de novembro un novo arco desta serie

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Os Premios Internacionais de Manga recoñecen o Pretty Deadly de Emma Ríos

A autora arousá Emma Ríos recollía o pasado día 15 en Compostela o Premio Internacional de Manga, na categoría Bronce, que recibiu pola seu traballo na serie Pretty Deadlycanda a guionista Kelly Sue DeConnick. O Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón convoca anualmente estes galardóns para recoñecer os traballos que contribúen á difusión internacional do manga. Precisamente o dúo de autoras publica o vindeiro mes de novembro un novo arco argumental desta aclamada serie na editora americana Image. Para decembro, e tamén nesta casa, sairá o primeiro volume de Mirror, un arco argumental que a arousá guioniza dentro da serie 8th House. Para rematar a finais deste mes de outubro sairá á venda en Estados Unidos a cuarta entrega da revista Island, que Ríos codirixe.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Emma Ríos, Xapón, Estados Unidos...

Claves

Protagonistas
Entidades