Emma Ríos leva o premio Expocómic ao mellor debuxo

A autora anuncia novas publicacións en Astiberri

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Emma Ríos leva o premio Expocómic ao mellor debuxo

As votacións populares aos Premios Expocómic, que se outorgaron esta fin de semana no salón madrileño do mesmo nome, deixaron unha gañadora galega. A arousá Emma Ríos foi recoñecida como Mellor Debuxante Nacional polo seu traballo na serie Bella Muerte. A obra, publicada pola editora estadounidense Image con guión de Kelly Sue DeConnick, obtivera xa o premio á mellor obra internacional na edición 2014 de Expocómic e galardóns como o Premio Internacional de Manga. Precisamente a autora acaba de anunciar que a editorial vasca Astiberri publicará o segundo arco argumental desta serie, xa aparecido en Estados Unidos, e mais a historia breve I.D., na que Ríos corre tamén co guión e que fora publicada na revista Island.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Astiberri, Guión, Debuxo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares