Os últimos traballos de Rubín e Ríos para EEUU sairán en castelán

El momento de Aurora West e Bella Muerte verán a luz en outono

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Dúas obras realizadas por autores galegos de banda deseñada para editoras estadounidenses verán a luz o vindeiro mes de novembro en España. Debolsillo publicará El momento de Aurora West, tradución do primeiro dos dous volumes da serie que o ourensán David Rubín realizou con guión de Paul Pope e JT Petty para o selo First Second Books. Pola súa banda, o selo vaco Astiberri editará Bella Muerte, volume que compila a serie que debuxou para Image a arousá Emma Ríos con guión de Kelly Sue. Precisamente polo seu traballo nesta serie a autora galega está nominada nos Premios Eisner nas categorías de mellor debuxo e entintado e mais na de mellor capa.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Debuxo, EEUU, Emma Ríos...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares