Astiberri publica o segundo volume de Bella Muerte, de Emma Ríos

Jacobo Fernández continúa a serie Marcopola, a illa remeira cunha nova entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astiberri publica o segundo volume de Bella Muerte, de Emma Ríos

O segundo volume de Bella Muerte, a serie que a arousá Emma Ríos debuxa sobre guións de Kelly Sue DeConnick para Image verá en breve versión en castelán. A editora vasca Astiberri pon á venda o vindeiro 2 de decembro El oso, un volume de 150 páxinas a toda cor que continúa a historia de vinganza sobrenatural da primeira entrega, desta vez con ambientación nas trincheiras da I Guerra Mundial.

Pola súa banda, Xerais acaba de presentar o cuarto volume da serie Marcopola, a illa remeira. Jacobo Fernández convida en Avoa power a coñecer novos personaxes fantásticos. Nesta ocasión Marcopola, Libro e Dragoneta chegan á Costa das Patacas para axudar a Seara.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Astiberri, Jacobo Fernández, Guerra...

Claves

Entidades
Conceptos