Sae á venda en galego Marcopola

Xerais anuncia que continuará a serie de BD infantil de Jacobo Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de As orixes de Marcopola en galego

Capa de As orixes de Marcopola en galego

Xa está na rúa a edición en galego o primeiro volume da serie Marcopola, a illa remeira, de Jacobo Fernández. A banda deseñada, As orixes de Marcopola, xa fora editada en castelán, catalán ou francés por Bang! Edicións e ve agora a luz na nosa lingua da man de Xerais. Segundo adianta a editora, este é o primeiro número da nova colección Merlín Cómics, centrada nos lectores máis novos e que continuará co título Marcopola e os piratas da Lúa, do mesmo autor. O libro, de 56 páxinas a toda cor sae á venda por doce euros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jacobo Fernández, Piratas, Banda deseñada

Claves

Protagonistas