O segundo volume de Marcopola chega este mes ás tendas

Xerais publica a BD de Jacobo Fernández en galego antes de calquera outra versión

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O segundo volume de Marcopola chega este mes ás tendas

Marcopola 2. Os Piratas da Lúa, segundo volume das aventuras da Illa Remeira que creou o vigués Jacobo Fernández, chegará á tenda a mediados deste mes de maio. Edicións Xerais publica en galego esta obra mesmo antes de que saia en calquera outro idioma, aínda que o autor adianta que Bang! edicións a sacará nos vindeiros meses en castelán, catalán e francés. O volume de 56 páxinas sairá á venda a un prezo de doce euros, e, segundo adianta o autor "é un volume de aventuras, con piratas bos, piratas malos e un tesouro agochado".

Fernández tem programadas xa tres sesións de presentación do novo traballo. Serán os días 14, 15 e 16 deste mes nos centros comerciais El Corte Inglés de Santiago, Vigo e A Coruña, sempre ás seis e media da tarde. Nestas sesións, o autor impartirá un obradoiro de debuxo para nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, asinará exemplares e agasallará marcapáxinas do personaxe.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Piratas, Jacobo Fernández, Edicións Xerais, Debuxo...