O álbum Marcopola 2 sae publicado en castelán en catalán

Carlos Portela e Sergi Sanjulián inician un crowdfunding para completar A conta atrás

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O álbum Marcopola 2 sae publicado en castelán en catalán

Bang! ediciones acaba de anunciar a publicación das versións en castelán e catalán, dentro da súa coleccion Mamut, do segundo volume da serie Marcopola, de Jaoobo Fernández. Marcopola e os piratas da lúa xa vira a luz en galego da man de edicións Xerais. En paralelo, o guionista vigués Carlos Portela, en colaboración co debuxante catalán Sergi Sanjulián, acaban de pór en marcha un crowdfunding na plataforma Verkami para publicar a segunda parte da súa obra A conta atrás. O primeiro volume desta novela gráfica sobre o Prestige vira a luz en 2008 na editorial Faktoría K e quedara incompleta desde entón. A campaña pretende colleitar 27.000 e publicar o álbum de 120 páxinas en castelán e en galego.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Piratas, Prestige, Edicións Xerais

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos