Non existe na historia da BD galega unha obra de publicación tan complexa como a de A conta atrás. Esta historia sobre a catástrofe do Prestige con guión do vigués Carlos Portela e debuxo do catalán Sergi Sanjulián viu publicada a súa primeira parte en 2008 da man da editora Faktoría K en versións en galego e en castelán.
Desde aquela foron sucedéndose os atrasos por parte do debuxante para completar o proxecto, que obtivo en 2014 o premio Divina Pastora, que proporcionaba fondos para a súa finalización e publicación. Tamén se desenvolveu no mesmo ano, sen éxito, un crowdfunding para conseguir os cartos necesarios para lanzar o segundo volume.
Case quince anos despois, no verán de 2022, a editora ECC Cómics leva ao festival Viñetas desde o Atlántico o volume coa obra completa, con edicións en castelán e en galego. A historia comeza doce meses despois do naufraxio do Prestige e retrocede cara ao momento da catástrofe a amosar o novelo de intereses, manipulación e reaccións ao desastre ecolóxico, nun retrato coral do período. Cun total de 200 páxinas a toda cor, a obra recolle un prólogo de Manuel Rivas, un epílogo de Miguelanxo Prado e material adicional sobre a xénese e o desenvolvemento do proxecto.
Canda a esta novidade, e tamén a coincidir co festival Viñetas desde o Atlántico, o fanzine Altar Mutante lanza a súa entrega número 11. A publicación de "horror putrefacto e ciencia ficción graxenta" recolle historias de Kike Benlloch, Diego Blanco, Alfonso Bueno, Lidia Cao, Greta Debelius, Elchinodelpelocrespo, Ennegrecido, Álvaro López, Edu Molina, Jorge Peral, Nerocrane, Rubén Rial, Jose Luis Rodríguez, Luis Sendón, Sekone, Dani Xove e Yupiyeyo.